O sol pegaba tibio,
os pasos calmos,
camiñando sobre herbas húmedas, humbrías.
Chus e Ton diante.
As algas debuxaban un mapa mundi na superficie do estanque,
todas as viaxes alí concentradas,
escollede o que queirades,
có mar diante todo é posible.
Mentres a auga susurraba,
eles baixaban máis e máis,
eu fiquei fotografiando para levala,
ata aquí.
beni.
3 comentarios:
QUe poeta que estás hoy viernes... así da gusto llegar al finde! jeje
Saludos
é que o Beni sempre foi un poeta...
...temos que facer un día unha quedada de poesía
ton
ok, pero hoxe quedamos no HF, 8.30, non?
Gise xa te enviei iso a Benetusser,
bicos.
Publicar un comentario